Luns. 29.04.2024
El tiempo

Así queda a organización do goberno de Vimianzo

VIMIANZO_Organigrama equipo de goberno
Así queda a organización do goberno de Vimianzo

Celebrouse onte o pleno de organización do Concello de Vimianzo. Un pleno que sería para aprobar o reparto de dedicacións (contou cos votos a favor do PSOE, o BNG votou en contra e o PP abstívose), e a periodicidade das sesións plenarias, que foi apoiada polo PSOE, mentres que BNG e PP votaron en contra.

VIMIANZO_Pleno organización
Imaxe do pleno

10 concellerías e

En total establécense nove concellarías, ademais da Alcaldía:

  • Mónica Rodríguez. Alcaldía, Presidencia a área de Persoal e Facenda.
  • Víctor Muíño, 1º tenente de alcaldesa. Concellaría de Medio Rural, Medio Ambiente, Servizo de augas e Parque Empresarial.
  • María José Pose, 2ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá.
  • Miguel Ángel Pérez, 3º tenente de alcaldesa. Concellaría de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil.
  • Rosa Blanco, 4ª tenenta de alcaldesa. Concellaría de Cultura, Patrimonio e Biblioteca.
  • Mario Andújar. Concellaría de Ensino, Formación, Emprego, Edificios Municipais e Policía Local.
  • Sergio Miñones. Concellaría de Deportes, Mocidade e Festexos.
  • Manuel Pose. Concellaría de Ornato Municipal, Protección Civil e Hostelería.
  • Beatriz Pazos. Concellaría de Promoción Económica, Turismo, Comercio e Asociacionismo.
  • Josefa Campos. Concellaría de Terceira Idade, Familia, Mercados e Consumo.

3 dedicacións

 

No pleno aprobouse a designación de tres dedicacións exclusivas: unha para a rexedora, Mónica Rodríguez; e outra para María José Pose, edil de Benestar social, Sanidade, Igualdade e Atención Cidadá. O concelleiro de Obras, Urbanismo, Servizo de Iluminación e Parque Móbil terá unha dedicación parcial (75%).
Doutra banda, fixáronse as periodicidades das sesións do Pleno que se celebrarán con carácter bimestral o último mércores de cada mes impar do ano, as 09:00 horas, no Salón de Plenos.

Comentarios