Baíñas xa prepara o seu Entroido do sábado de Piñata
07:44 29/01/17
Fenomental ambiente no pavillón de Baíñas para o entroido do ano pasado
Está collendo sona o entroido do sábado de piñata de Baíñas. Se o primeiro sábado é feudo fisterrán, o segundo é pasto dos famosos enterros, e da aposta vimiancesa.
E xa está en marcha a Asociación Cultural e Lúdica de Baíña. que esta pasada fin de semana tivo unha reunión para planificar a festa. O tradicional desfile e festa do Entroido de Baíñas terá lugar este ano o sábado 4 de marzo. Se o tempo o permite habrá desfile pola rúa principal da localidade a partir das 21:00 h e rematará no Pavillón Podeportivo cunha grande festa. As comparsas que participen ademáis de optar aos premios recibirán unha cantidade fixa polo mero feito de participar.
Novas relacionadas
- Entroido 2016: A Mikaela, o Cayetano, o Facundo, o Percebe, a Sardiña e o Polbo, os protagonistas do peche do Entroido na Costa da Morte.
Fonte
- Concello de Vimianzo.