Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os Batáns do Mosquetín seguen batendo

Os Batáns do Mosquetín seguen batendo

A sinatura entre Concello de Vimianzo e Deputación permite queos Batáns do Mosquetín, “o mellor conxunto de Galicia”, sigan en funcionamento. Xosé Regueira e Mónica Rodríguez asinaron o convenio para a xestión do Castelo e dos Batáns do Mosquetín en 2022.

A institución provincial consignará nos seus orzamentos unha partida de 120.000 euros, dos que 105.000 € se destinarán ao Castelo e os outros 15.000 €, aos Batáns.
O Concello terá que achegar o persoal para a atención de visitantes do Castelo, da Mostra de Artesanía en Vivo e dos Batans, para poder abrir os centros de acordo cos horarios que (o Castelo, de martes a domingo, excepto Nadal e Aninovo; e os Batáns, de luns a domingo) e a elaborar unha estatística de visitas mensual e de xeito obxetivo e valorable.

“A Deputación”, explicou Regueira, “leva realizado ao longo dos anos numerosas actuacións encamiñadas á protección, conservación, rehabilitación, musealización e posta en valor do Castelo de Vimianzo e os Batáns de Mosquetín, e con esta nova achega seguiremos avanzando para que converter eses dous referentes do noso patrimonio e as súas contornas naturais nun enclave turístico nacional”.

Unha Deputación que quere facer “do espectador un actor activo, sensibilizando ao mesmo tempo sobre as posibilidades da cultura megalítica como recurso e reclamo turístico”.

Unha idea que se transmite perfectamente nas visitas teatralizadas, formuladas para as fins de semana de temporada alta. Nos Batáns, en tempada alta elabórase un calendario de visitas guiadas e en tempada baixa pódense concertar, limitando este servizo á disposición de recursos. Ademais, estase en contacto coa Asociación de Guías de Turismo por se é preciso derivar a algún grupo, dado que os recursos municipais son limitados.

Novas relacionadas

Comentarios