Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Benxa Queiro (BNG Vimianzo): “Somos un equipo equilibrado, completamente renovado, que vimos a aportar só futuro, futuro e futuro”

Benxa Queiro Candidato do BNG de Vimianzo 2023
Benxamín Queiro
Benxa Queiro (BNG Vimianzo): “Somos un equipo equilibrado, completamente renovado, que vimos a aportar só futuro, futuro e futuro”

Toca falarmos hoxe co novo candidato do BNG de Vimianzo, grupo recén reconstituido, Benxamín Queiro, que se amosa moi crú coa actual alcaldesa, Mónica Rodríguez.

 
  • QPC: Por que se mete Benxa na primeira liña política?

Levo 30 anos militando no BNG. Xa fun nalgunha lista con Moncho, mesmo con Antelo. Facía falta un candidato de unidade, que unise á mocidade cos máis veteranos, e eu era un máis, pero calquera da lista podería selo. Eu din o paso porque estou tan decepcionado coa xestión da señora Rodríguez, e estou vendo o retroceso do noso concello, un concello que ten tantas potencialidades que é tan fácil de levantar con pouco, que me vin obrigado a dar un paso adiante en defensa das 14 parroquias que están fatal.

 
  • QPC: Cales son as novidades e os puntos fortes da vosa candidatura?

O equilibrio. Temos xente moi nova, pero tamén xente maio, moi preparada, ca formación da vida e experiencia profesional. Un equipo con moitas ideas, con moita preparación, completamente renovado, que vén en blanco, que non se nos pode reprochar nada e que vimos a aportar só futuro, futuro e futuro.

 
  • QPC: Cal é o voso proxecto para o Concello?

O noso proxecto ten 4 grandes obxectivos: o primeiro acabar co saneamento, e é unha obra grande, porque máis do 50% dos núcleso de poboación do concello de Vimianzo están sen saneamento. É un compromiso fixo.
Tamén, teño que lembrarlle á alcaldesa que Vimianzo son 14 parroquias, e hai que apostar polo mantemento.
En canto ao emprego, hai que apostar polo Parque Empresarial de Vimianzo xa. Hai infindade de políticas que podemos facer para desenvolvelo.

Queremos dinamizar Baíñas como segunda vila de importancia e de dinamización económica do Concello, Hai que apostar porque se instalen empresas do sector primario nesa parroquia.

Tamén apostamos polo turismo, e pasa polo apoio e a promoción do Camiño de Santiago ao seu paso por Berdoias e Baíñas, e seguir apostando pola Ruta do Megalitismo, e potenciar a contorna do Castelo, facendo humanización de rúas, instalacións de bancos…

  • QPC: Que valoración desta lexislatura?

Definríaa como a lexislatura da decepción. Cando hai 4 anos chegou a Señora Rodríguez á alcaldía tiven esperanzas. Pensaba que ela podería usar as súas influencias no goberno central ou na Deputación. Pero se mostrou ineficiente, incapaz de gobernar un concello, cunhas políticas que me recordan os anos 80, que non crean futuro. Temos unha caída en todos os sectores do Concello.

  
 
  • QPC: Que cousas fundamentais quedaron por facer?

Non é que queden cousas por facer, é que desandamos o andado. Vimianzo tiña o compromiso da Deputación para aportar 1 millón de euros para a reforma da contorna do Castelo; e 90.000€ para a posta en marcha do parque do megalitismo que tería o seu foco principal en Vimianzo, un dos referentes a nivel europeo. Non entendemos que se rexeitasen 270.000 € dunha primeira fase para reformas dentro e fóra de Castelo, co que xeraría para o Concello.

Estradas: a de Baíñas e Calo está igual que hai 4 anos, coa importancia que ten; a de Salto a Tines, igual. As escolas de música perderon interese.

  • QPC: Levades un tempo denunciando o uso dun monte común por parte dunha concelleira. Podes explicalo?

O teniente de alcaldesa de Vimianzo leva dende o comezo de lexislatura ocupando (valando e metendo cousas dentro) unha masa común na parroquia de Baíñas. Cremos que ten a complicidade da señora Rodríguez, porque llo dixemos 3 veces no pleno e segue sen facer nada, estando a só uns días das eleccións. Parécenos un acto de prepotencia e unha falta de respecto a todos os veciños do Concello e un precedente perigoso do que pode chegar a facer esta xente cunha maioría absoluta.

 
  • QPC: Cres que pode haber máis colaboración municipal coas entidades socias e culturais?

Debe haber máis colaboración. As asociacións dan vida ao Concello. E as políticas da Señora Rodríguez foron encamiñadas de apropiarse das iniciativas, sobre todo de cara aos medios de comunicación, que é o que traballa mellor. Sei moitas entidades que están moi cansos de ver que a alcaldesa acapara as iniciativas para saír na prensa.
Ademais, hai un abandono das entidades de Monte Milleira, e apenas os reuniu hai 15 días. Creo que a señora alcaldesa nunca lle interesaron as asociacións.

OUTRAS NOVAS DO BNG

Comentarios