Luns. 06.05.2024
El tiempo

Benxamín Queiro presentou a súa candidatura arroupado por Ana Pontón

  • A voceira nacional aproveitou a visita para apoiar á candidatura que encabeza Carlos Fernández Concheiro en Muxía
Benxamin Queiro e Ana Ponton BNG VImianzo
Benxamin Queiro e Ana Ponton
Benxamín Queiro presentou a súa candidatura arroupado por Ana Pontón

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu a presentación do candidato do Bloque á Alcaldía de Vimianzo, Benxamín Queiro. A voceira nacional Ana Pontón non quixo faltar á cita falando de Queiro como o “que lidera unha candidatura para transformar Vimianzo en positivo, con ideas e propostas para mellorar a vida das persoas”, salientou.
Pontón destacou de Queiro “o entusiasmo e a capacidade de traballo de quen sempre estivo aí, na defensa dos intereses deste concello e da súa veciñanza”,

A portavoz nacional referiuse aos gobernos municipais do BNG “que son un exemplo de calidade, son gobernos solventes, que saben xestionar con eficacia cada euro, capaces de transformar en positivo, aportando dinamismo económico, social e cultural, porque o seu fin é mellorar a vida das persoas, convertendo as vilas e cidades que lidera en modelos de bo facer, referentes en todo o País”.

Lembraron que o proxecto do BNG para este concello tamén inclúe o arranxo do entorno do Castelo de Vimianzo; unha aposta polo tecido económico local promovendo o parque empresarial do municipio e a mellora das infraestruturas do concello apostando pola urbanización e humanización dos espazos públicos.

Yamén fixeron referencia ao espolio eólico promovido tanto polo Goberno central como pola Xunta, “porque tanto co PP como co PSOE, ás eléctricas sempre teñen unha cadeira reservada no Consello de ministros e ministras sen presentarse ás eleccións”, criticou.

Visita a Muxía

BNG Muxia con Ana Ponton 2023

Previa ao mitin en Vimianzo, Pontón desprazouse a Muxía para apoiar á candidatura que encabeza Carlos Fernández Concheiro da man dun BNG con medidas concretas para mellorar este concello, empezando por un plan integral de saneamento completando tamén aquí a conexión á rede municipal de augas. Igualmente, aposta por mellorar os servizos socias do concello coa creación dun centro de día, tendo en conta o alto nivel de envellecemento da poboación, mentres que no ámbito económico hai unha estratexia de traballo para converter Muxía nun referente de turismo cultural e de natureza.

ANA Ponton en Muxia

Comentarios