Venres. 19.04.2024
El tiempo

Berdoias e o megalitismo morteño afín ao Camiño

Unha ara astronómica en Berdoias?
Berdoias e o megalitismo morteño afín ao Camiño

Berdoias é unha vila situada no concello de Vimianzo onde foron catalogados uns petroglifos polos veciños que Patrimonio de Galicia parece considerar a ben borrar do mapa para facer tragar con maior comodidade o parque eólico de Berdoias, non sendo nada recomendable a destrución continuada da paisaxe dun Pobo promovida polos seus poboadores.

O megalitismo en Galiza, e particularmente na Costa da Morte, leva anos gozando dun abandono e desinterese da administración pública impulsado empresarialmente; non ten lóxica. Anteriormente acheguei a Patrimonio, Xunta, empresarios e Concellos, unha labor para por en valor o noso legado e non conseguín despertar o interese dos representantes públicos.

Estiven na zona catalogada dos petroglifos de Berdoias un par de veces ata agora, no ano 2016, cando saquei as fotografías que aporto, todas pertencentes a ese punto en particular. Agardei a poder desprazarme ao lugar para analizar sobre o terreo recordos e hipóteses, como o da segunda área circular en dirección ao solsticio de verán, froito da análise tridimensional das fotografías aéreas do ano 1956, mais os perímetros municipais mantéñense pechados e o tempo apremia contra o proxecto do parque eólico de Berdoias, así pois editei o video que publicamente comparto co que espero se deteña o avance dos monstros asposos e co quizais comece a abrirme, de novo, a falar do Caminho, elixindo mellor a súa recepción. Nestes catro anos non voltei a esa zona de Berdoias, estaba moi entretido percorrendo o Caminho, sirva isto como referencia de todo o que queda por diante para quen alimente o interese.

En Berdoias vin o que identifiquei como un Ara Astronómica, un altar de pedra que se utilizaría para o estudio da enerxía en movemento da cúpula celeste, é dicir, para a observación do movemento do Sol, da Lúa, dos astros e planetas, estudiando isto do mesmo modo que un reloxeiro estudia o movemento das diferentes pezas dun reloxo, neste caso a máquina a estudiar é a Vida. A unión do conxunto relacionanos directamente o ceo coa terra, o corpo coa alma, nun interese dos antigos no estudio e grafismo litolóxico de certos acontecementos astronómicos, que consideraban claves para a comprensión da realidade, partindo dos sucesos máis relevantes a nivel social e persoal para acceder ao coñecemento da maquinaria en xeral, da Vida no seu conxunto. Este legado en pedra posiblemente formara parte dun complexo no que a madeira, que supoño debería estar presente, desapareceu co tempo, unha erosión do coñecemento como fermosa metáfora da lóxica das forzas da materia pechando o seu ciclo na sedimentación que volta a amosar o material erosionado nunha nova forma de igual esencia.

Rituais máxicos, druídicos ou como gustedes etiquetalos, dá o mesmo. Falo do Pobo Danú como últimas herdeiras dos coñecementos dos antigos, pero máis aló desas hipóteses abertas ao estudio e a narrativa pouco ou nada se pode coñecer realmente das súas intencións se un non se senta mirando dende onde elas describiron mirar e ollando a onde elas sinalaron ollar. Así se en Berdoias está a Casota de Freans orientada a ... a saída do sol no nádir enerxético solar co solsticio de inverno ou a elevación máis ao sur do ciclo luar? A revelación está na atención, partindo das lóxicas máis elementais, non é algo diseñado para catedráticas, está diseñado para o Ser Humano. Iniciada é aquela que comeza a búsqueda, que inicia a andar avanzando cos seus pasos, e non a cabalo de ninguén, na búsqueda interior do Caminho da Luz, vinculada a claridade, ao espíritu estelar da realidade do Ser. Asimilar a lóxica doutro crea dependencia de teorías antropocentristas, golosinas do Ego coas que alonxarte do teu despertar, poden axudar, pero tamén poden confundir nos primeiros pasos da busca do Caminho, creo mellor dispor dunha brúxula que non se volte tola levándote nada máis sair en dirección oposta. Ningún lugar máis seguro e verdadeiro que dentro dun, no teu corazón, para quen o Amor á Nai Terra é esencial. Dilles NON aos eólicos, e sae a andar con ela ao teu carón.

Unha estacion espacial megalitica en Berdoias

  • Xabier García Lema. Morteño da Costa con ganas de darlle alma a Vida, animal salvaxe e vexetal silvestre, empadroado nos Penedos, sen granxa e sen capar.

 

Outros artigos de Xabier García Lema.

Comentarios