Mércores. 05.05.2021
El tiempo

O BNG pide a intervención da Xunta na residencia DomusVi de Vimianzo

  • Daniel Pérez pon o gromo na residencia soneirá como evidencia do “fallido modelo privatizador do PP”
Residencia DomusVi de Vimianzo
Residencia DomusVi de Vimianzo
O BNG pide a intervención da Xunta na residencia DomusVi de Vimianzo

Estas semanas, as residencias DomusVi tanto de Vimianzo como de Carballo están sendo verdadeiramente azoutadas pola terceira vaga da pandemia. Son xa 12 as persoas falecidas na residencia vimiancesa nestas semanas, mentres que a de Carballo xa sufríu o pasamento dunha residente. A día de hoxe son 70 os casos activos na residencia de Carballo, mentres na soneirá se ben na soneirá xa se superaron os 125 casos, á espera dos resultados do cribado.

Unha situación que aproveitau o deputado carballés do BNG, Daniel Pérez para pedir a intervención da Xunta na residencia. Unha petición evitada polo director xeral de Atención Integral sociosanitaria, Antón Acevedo, que si que recoñecía que “existe un grupo de traballo para “repensar o actual modelo de residencias co fin de non cometer os mesmos erros ante futuras pandemias”.

“O coidado dos nosos maiores”, dixo, “non se pode mercantilizar e o actual modelo de xestión é un modelo falido”. Para o deputado, o problema reside nas carencias de medios humanos e materiais nos centros de xestión privada xa que “hai que pagar ao persoal e iso conleva a redución de beneficios”, remarcou. Explicou que “os dous médicos que traballan a media xornada, polas tardes traballan noutra clínica privada en Carballo co conseguinte risco de contaxio e transmisión no centro, neste sentido, destacou o “grande compromiso dos e das profesionais” que mesmo renunciaron ao período vacacional para incorporarse ante o segundo gromo.

Outras novas sobre o COVID

comentarios