Carnés recupera o xogo da rá

06:04 31/10/16

Auténtico o magosto que celebrou este pasado domingo a asociación O Castelo de Vimianzo. O local social de Carnés acollía un un magosto con castañas de para tódolos asistentes, acompañado coa música das pandereteiras da asociación.
Pero a parte máis singular foi o II Campionato do Xogo da Rá, que fixo as delicias de maiores, pero tamén dos pequenos, que aparcaron as súas tabletas e ferramentas dixitais para disfrutar dun xogo dos de sempre.



Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).