Carnés repasa o seu pasado coas Historias de Inverno de Senda Nova
07:10 20/01/17
Catro veciñas de Carnés falaron das súas vivencias de tempos pasados
As festas no salón de Carnés, a Faguía e a súa orixe e as palilladas foron as protagonistas das Historias de Inverno narradas por catro veciñas da parroquia de Carnés dentro do programa de recuperación da historia local e das antigas xuntanzas invernais a carón do lume promovidas pola asociación ambiental Senda Nova.
As narradoras interpretaron varios cantos tradicionais durante o faladoiro
Onte foi o turno de María Pérez, Mercedes Arturo, Juana Ínsua e Esperaza Ferrín - todas elas da parroquia vimiancesa de Carnés - que que non dubidaron en dar conta das historias vividas por elas mesmas anos atrás. Unhas vinte persoas asistiron a este faladoiro presentado por Nieves Lema, traballadora do concello de Vimianzo.
Loroño (Zas), Buño,... foron algúns dos lugares que xa desfrutaron destas "Historias de Inverno" e que reuniron a un importante número de asistentes.
Novas relacionadas
- Arranca a quinta edición do Outono en Marcha de Senda Nova
- Senda Nova presenta a quinta edición do Outono en Marcha
- Carballo e Senda Nova, os únicos costeiros que se mollan polos ríos
- A natureza e o asociacionismo danse da man nas xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Xan Fernández Carrera inaugura as xornadas Abrindo Camiño de Senda Nova
- Senda Nova, 10 anos Abrindo o Camiño da ecoloxía e o patrimonio
- Unha expedición de mozos de Senda Nova, de viaxe ambiental a Eslovaquia.
- Máis de 200 persoas participan nas xornadas de Interpretación dos Bosques de Senda Nova.
- Redacción QPC ([email protected])
- Senda Nova