Xoves. 25.04.2019
El tiempo

A Casa dos Horrores de Vimianzo

Un informe ratifica que as deficiencias da Casa da Cultura preceden da execución orixinal da obra

Imaxe dalgunhas humidades na Casa da Cultura de Vimianzo
Imaxe dalgunhas humidades na Casa da Cultura de Vimianzo
A Casa dos Horrores de Vimianzo

A ninguén se lle escapa que é unha infraestrutura excesiva para un concello como o de Vimianzo. Un investimento tremendo (case 3 millóns de euros), unha historia de pleitos con ata 7 imputados, e ata a necesidade de pedir un crédito municipal para pagarlle os sobrecustes que argumentou a empresa adxudicataria tras facer a obra, a empresa do irmán do exalcalde Alejandro Rodríguez…

Unha Casa da Cultura que os a viven, súfrena, por mor das continuas pingueiras, humidades, fistracións… que hai en todas partes da infraestrutura.

Un alto custe que aínda está custando moitos cartos ás arcas municipais, como vén de ratiticar un informe sobre a casuística de danos na Casa da Cultura de Vimianzo, avaliada durante a execución das obras de arranxo que se fixeron durante os pasados meses.

O completo informe de 35 follas, realizado polo arquitecto Emilio Argiz á expensas do Concello, recolle as deficiencias en materia de cubertas e impermeabilizacións, fachadas, instalacións de pluviais… O informe é duro e recoñece ducias de eficiencias que a obra foi unha auténtica “chambonada”.

Sinala con rotundidade que “hai múltiples erros na execución da obra orixinal da edificación”, como sinalaba xa un informe realizado en 2015, pero non tan exhaustivo.

”En todos os casos, os danos, patoloxías, e defectos son debidos a erros ou malas execucións da construción; E as responsabilidades deses erros ou malas praxis na construción so poden ser imputables no grado que corresponda ós axentes intervintes nesa construción: a Dirección de obra e de execución, e á empresa contratista”, conclúe Argiz. “Tamén se pode afirmar que parte das causas da mala execución e posta en obra poden derivarse do Proxecto de acordo co cal se construíu a edificación, defectuoso, incompleto, ou escasamente detallado (ou cando menos, a documentación de Proxecto á que tivo acceso quen isto asina). Non se detectou en ningún caso que os danos e patoloxías puidesen ser causados por unha falta de mantemento do edificio”, deixa claro.

IMaxes da obra de arranxo da casa da Cultura
Algunhas das deficiencias na execución das obras da Casa da Cultura de Vimianzo

Novas relacionadas

Comentarios