Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A CMAT quere potenciar o astroturismo da Costa da Morte

Foto de Raúl Lorenzo Filmmaker_CABANA_Mirar estrelas Dombate01
Foto de Raúl Lorenzo nunha xornada de Dombate
A CMAT quere potenciar o astroturismo da Costa da Morte

Que a Costa da Morte é unha potencia en astrofografía xa o sabemos. A calidade de moitos dos nosos fotógrafos, ou a escuridade do noso ceo (cómpre saber como alumear mellor, non máis) son algunhas das razóns que nos poden situar á vangarda en materia astroturística.

Nesa liña, a CMAT vai presentar o proxecto ‘Costa da Morte Destino Starlight’. A posta en escea será nunha xornada técnica que se desenvolverá este vernes, 19 de novembro de 2021, ás 17:00h no Auditorio da Casa da Cultura de Vimianzo.
Falarán o físico baiés Jorge Mira e Ana Teresa Cimas Hernando, xefa da Área Provincial Turismo de Galicia, quen falará dos Destinos Starlight en Galicia, sobre os que afondará a directora xerente da Fundación Starlight, Antonia M. Varela Pérez. Tamén falarán Ana Ulla Miguel, profesora de Astronomía e Astrofisica da Universidade de Vigo, e rematará Salvador Bará Viñas, profesor de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a importancia de controlar a contaminación luminosa, antes do peche da sesión por parte de Xosé Regueira.

A presidenta do CMAT, Mónica Rodríguez Ordóñez, tamén alcaldesa de Vimianzo sinalou que o “ éxito do proxecto require da implicación conxunta de iniciativa pública e privada” do sector turístico da Costa da Morte.

Os interesados en participar na xornada técnica deberán solicitar praza e inscribirse antes do próximo mércores, 17 de novembro de 2021 ás 14.00 horas, a través do correo electrónico da Secretaría Técnica da CMAT: [email protected].

Novas sobre Astrofotografía

Comentarios