Oitentacinco nenos e nenas do
concello de Vimianzo de entre 6 e 12 anos inician hoxe as activiades do
Campamento Vimiverán.
O longo desta semana disfrutarán de diferentes actividades como
talleres de coiro, manualidades, xincanas,
xogos na piscina, piragüismo,
visitarán o Planetario da Obra Social La Caixa, realizarán unha
ruta de sendeirismo a Sabadelle, para coñecer a saída ao mar do concello de Vimianzo, etc.
A xornada máis agardada polos participantes, coma vén sendo habitual, é a
acampada do xoves no pavillón municipal, un día que pasan a noite todos xuntos fóra da casa, entre xogos, risas e diversión.
Máis actividades
Os maiores de 16 anos tamén terán o seu campamento no mes de agosto. Este xa fóra de Vimianzo, no país veciño, onde pasarán tres días de deporte de aventura e actividades culturais en Póvoa de Lanhoso, aproveitando para realizar unha visita á fermosa cidade de Braga.
Unha vez rematados os campamentos urbanos, o 15 de xullo dará comezo o
curso de piragüismo, o 21 o torneo interparroquial de fútbol sala e o 22 o curso de natación na piscina municipal.