Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Concello de Vimianzo creará unha praza pública en Carantoña

Sinatura Carantoña
O Concello de Vimianzo creará unha praza pública en Carantoña

Tras 3 anos de negociación, asinaba hoxe  a alcaldesa de Vimianzo e vari@s veciñ@s de Carantoña a compra dun 70% dos terreos dispoñibles en Carantoña coa idea de crear unha praza pública e aparcamentos. Unha praza que esperan poida acoller xa as Festas do Carme de 2023.
Foi longo o procedemento, pois o Concello tivo que levar a cabo moitos trámites administrativos, xa que había errores catastrais, e mesmo "houbo que facer unha nova consignación orzamentaria, preto dos 40.000 euros, dado que a que tiña prevista o goberno anterior era tan só da metade do valor total", sinalou Mónica Rod.

Suporá isto un antes e un despois no desenvolvemento da vida cotiá das persoas desta parroquia, pero non só iso. Será tamén un cambio importante á hora de desenvolverse as festas patronais, xa que a idea tamén é crear un Campo da Festa, con aparcamentos, para albergar este tipo de acontecementos, nun lugar que é o centro neurálxico de Carantoña, entre o núcleo e a igrexa.

Trátase dunha demanda veciñal histórica, e a administración quere agradecer “a vontade das persoas propietarias dos terreos á hora de facilitar os procedementos e poder chegar a acordos beneficiosos para ambas partes”.

Comentarios