O Concello de Vimianzo reuniuse coas Comisións e Asociacións organizadoras de festas
Importante escoitar as Comisións de Festas, e máis nun concello como o de Vimianzo onde se conseguiron realizar en 2024 máis de 60 celebracións locais.
Con esa intención, e da planificar o orzamento para as festas de 2025, o Concello de Vimianzo o pasado venres unha reunión cocos representantes das comisións e asociacións organizadoras de festas.
Ademaisde agradecer o compromiso e vontade de todas as entidades, a xuntanza serviu para analizaron as actividades do ano pasado e anunciar que as axudas do 2024 xa foron tramitadas e pagadas. O Concello, ademais de escoitar necesidades de cada entidade, ofreceu o seu apoio para calquera necesidade.
A rexedora anunciou que o vindeiro mércores, 27 de decembro, aprobaranse en pleno os orzamentos de 2025, nos que se propón un significativo aumento da partida destinada ás diferentes festividades do próximo ano. Un total de case 100.000 euros que serán distribuídos entre o Asalto ao Castelo, a Muiñada, as festas de Vimianzo, a Rapa, as festas das diversas parroquias e as festas de interese turístico.
Para o ano, 2025, afirmou o edil “as axudas serán concedidas con patrocinios para contratar exclusivamente música ou baile tradicional. Ademais, como xa se fixo este ano, tamén haberá unhas axudas específicas para a limpeza dos campos de festa no día posterior á celebración no caso de que a propia organización se faga cargo. Polo contrario, será o Concello quen se encargue de realizar eses labores”.