Os Concellos de Laxe e Vimianzo concretaron coa Xunta tres actuacións do Plan de Xestión dos Penedos
Xa pasaron 16 meses dende que a Xunta, 15 anos despois, aprobaba o Plan de Xestión dos Penedos de Traba e Pasarela. Un plan do que, polo de agora, case non hai avances públicos se ben os responsables dos concellos de Laxe e Vimianzo, veñen de manter unha reunión coa Dirección Territorial de Medio Ambiente, para avanzar nas actuacións previstas.
Unhas actuacións orientadas a mellorar a seguridade, o acceso e a experiencia das persoas visitantes neste espazo natural compartido, que inclúen a:
- A mellora do acceso e a instalación de elementos de protección no miradoiro da Torre da Moa;
- A mellora do camiño de acceso que comunica a zona do Penedo, en Pasarela, con Traba, mediante o acondicionamento do firme e a limpeza das marxes do itinerario para facer máis cómodo e seguro o tránsito peonil;
- A habilitación dunha área destinada a aparcadoiro para visitantes no cruce do Brañal.
A reunión contou coa participación dos responsables municipais de ambos concellos, Mónica Rodríguez e Francisco Charlín, así como da directora territorial de Medio Ambiente, Pilar Arias, e do xefe de servizo de Patrimonio Natural, Rogelio Fernández, que analizaron os detalles das actuacións e os pasos necesarios para a súa execución.
Con estas actuacións, os concellos de Laxe e Vimianzo continúan a traballar de maneira coordinada na posta en valor dos Penedos de Pasarela e Traba, un dos recursos paisaxísticos máis singulares da contorna, co obxectivo de dinamizar o turismo de natureza e mellorar a experiencia da veciñanza e das persoas visitantes, garantindo ao mesmo tempo a conservación deste espazo natural.
MÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS
- Outubro 2025: Vimianzo e Laxe abren á veciñanza a xestión dos Penedos de Traba e Pasarela
- Novembro 24: 15 anos despois, os Penedos de Traba e Pasarela estrean o Plan de Xestión
- Novembro 23: Contramínate ofrece alegacións para mellorar o Plan de Xestión dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Outubro 23: O SEMESCOM critica o eterno retraso na posta en marcha do Plan de Protección dos Penedos de Traba e Pasarela.
- 09-10-2023: Someten a información pública o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Propostas para un comezo ordenado do Parque do Megalitismo.
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- 18-11-22: O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Maio 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote