Someten a información pública o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Traba e Pasarela.

Paseniño avanza o Plan de Xestión da Paisaxe Protexida dos Penedos de Traba e Pasarela. Un Plan que leva 14 anos enlamado na burocracia ante a inacción da Xunta, e que só gracias á implicación da veciñanza, mobilizada en diversos colectivos sociais (destacar Petón do Lobo, Contramínate, SOS Penedos) ao ver ameazada a zona polos eólicos, e o compromiso dos técnicos e responsables municipais dos Concellos de Laxe e Vimianzo, parece ver a luz.
Hoxe a Xunta anuncia que somete ao procedemento de información pública o proxecto de decreto polo que se aproba o Plan. A partir de mañá, martes, 10 de outubro, poderase consultar toda a documentación no portal de transparencia da Xunta e na páxina web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, co fin de que todas as persoas interesadas poidan enviar as súas alegacións ou suxestións preferentemente por correo electrónico ou a través dun escrito dirixido á Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
O plan “establecerá o réxime de usos e as actividades permisibles, así como as limitacións e medidas que se consideren necesarias para a conservación do espazo e a preservación dos hábitats e das especies”.
Podedes ver aquí o PlanMÁIS NOVAS SOBRE OS PENEDOS
- Marzo 23: A Xunta denega o Parque Eólico de Soesto pola afección aos Penedos.
- 18-11-22: O Plan de Xestión dos Penedos someterase á participación pública.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Prote
ARTIGOS RELACIONADOS
- María José Mato: Un Plan por xustiza.
- @alcolitos_e_eolicos: Os Penedos seguen en modo SOS: Laxe agraciada con tres estacións eólicas.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- Enma Pérez (IES Terra de Soneira): A implantación dos eólicos nos Penedos de Pasarela e Traba, benefico ou destrución?
- Claudia Roget Antelo (IES Terra de Soneira): Os Penedos de Traba e Pasarela.