Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Propostas para un comezo ordenado do Parque do Megalitismo

  • Antón Abel Rodríguez Casal, Catedrático Xubilado de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela, considera que "o estado de conservación dos megálitos é moi deficiente".
Casa dos Mouros e Arca da Piosa copia
Propostas para un comezo ordenado do Parque do Megalitismo

Son xa 5 anos dende que a Deputación rescatou do caixón o ambicioso proxecto do Parque do Megalitismo. Un proxecto que vai dando pasiños, ano a ano, que “comezou a andar de forma intermitente e mesmo irregular”, como sinala Antón Abel Rodríguez Casal, pero que non acaba de concretarse en nada concreto. De aí que o Catedrático Xubilado de Prehistoria da Universidade de Santiago de Compostela, Antón Abel Rodríguez Casal, veña de publicar no seu último escrito sobre o Megalitismo da Costa da Morte publicado en Estudios Galegos, un decálogo de propostas para “arrancar a casa (dos mortos neste caso) dende os cimentos e elaborar un Plan Director, que hoxe non existe, para que nun futuro non moi afastado o Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte poida ser un realidade”.

O cormelán afincado en Muros dende a súa xubilación, considera que a Fisterra galega “é unha das zonas con maior densidade megalítica do noroeste da península ibérica, que conta con algúns dos monumentos máis emblemáticos do país”.

Foi por iso que se dedicou a facer este “traballo que pretende ser un punto de partida na creación do Parque do Megalitismo, desde unha perspectiva interdisciplinaria, no proceso de creación dun parque que incluirá todos os monumentos catalogados e que na actualidade superan os trescentos, cunhas vinte grandes estruturas megalíticas que deben ser obxecto de conservación, rehabilitación e traballo de revalorización vinculado ao turismo cultura”. “Arqueoloxía, protección, promoción e musealización son, polo tanto, os eixos vertebradores do proxecto.

Define o territorio da Costa da Morte o espazo sito entre o cabo Santo Hadrián e o Monte Louro, e pon en valor as 304 mámoas localizadas ata 2005, ás que se suman nos últimos anos gracias ás novas tecnoloxías, sumando oficialmente xa en 2013 413 xacementos tumulares.

Estado deficiente

O catedrático considera que “o estado de conservación dos megálitos é moi deficiente: lamentablemente son frecuentes a ausencia ou desprazamento de moitas das lousas do seu lugar orixinal, o desmantelamento, degradación ou perda parcial do solo arredor dos depósitos; un abandono xeral, pintado e pintado; dólmenes como masa de pedras, sucidade e descoido ou a intensa colonización biolóxica das rochas dos dólmens (sobre todo musgos, liques e algas) que afectan, neste caso, ás decoracións pictóricas”.

Sostibillidade

Rodríguez Casal lembra que un elemento coma este pode “ferir de morte” o noso patrimonio. “Hai que fuxir dos excesos do turismo masivo, da saturación e da avalancha de visitantes-consumidores de cultura. Pola contra, o turismo arqueolóxico ten que promover a sustentabilidade, cun equilibrio entre economía, medio ambiente e benestar social”, debulla na reflexión final do estudio.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios