Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Coñecer o Vimianzo auténtico ao solpor

Coñecer o Vimianzo auténtico ao solpor
Ruta do Sur por Vimianzo

Seguen funcionando as rutas que artella o Concello de Vimianzo estas fins de semana de verán. Desta vez, a visita guiada de Vimianzo realizarase polo seu lado sur pasando polo Castro das Barreiras, Necrópole megalítica do Chan do Cabral, Dolmen Pedra da Arca, Estación marítima Chan das Lagoas (espléndidas vistas da Costa da Morte, desde O Pindo, Fisterra, Muxía, Camariñas e Vimianzo), Berdoias e Casota de Freáns.

A visita sae ás 7 da tarde do castelo de Vimianzo, e desde aí irase en bus. A ruta completa rematará ás 10 da noite, aproximadamente.

Para apuntarse recoméndase escribir con antelación a [email protected]. Tamén se pode chamar ao teléfono do castelo 981 716 354. Ou directamente no propio castelo, no punto de información. Chega con apuntar NOME e APELIDOS. De todos os xeitos, damos todas as facilidades, podéndose apuntar incluso no mesmo momento da saída. Non hai límite de prazo. A ruta guiada custa 3 euros por persoa adulta e nenos de até 16 anos gratis.

Novas relacionadas

Comentarios