Constitúen a Plataforma Salvemos os Penedos
O pasado sábado, día 20 de febreiro, tivo lugar unha xuntanza virtual na que participaron 22 persoas representando a máis dunha decena de asociacións culturais, ambientais, veciñais, turismo rural, etc. vinculadas coa loita polos Penedos de Traba e Pasarela, que rematou co constitución da “Plataforma Salvemos os Penedos”.
Moitas destea entidades xa estiveran vinculadas na loita contra a canteira hai 20 anos, consideran “inconcebible a implantación dun parque eólico na Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, paraxe natural única en Galicia”. A Plataforma asegura que non aceptará rebaixas: “Non aceptaremos pactos coa empresa no caso de ofrecer esta a retirada dos aeroxeradores que se instalalan dentro da propia paisaxe protexida, como se pode prever na redacción do proxecto, senón que non imos aceptar que se implante o parque eólico na área de influencia dos penedos”.
A Plataforma solicita que a contorna se “declare paraxe libre de eólicos”, considerando que “a preservación da paisaxe é fundamental para a Costa da Morte, desde o punto de vista ambiental, cultural, turístico e económico”, e deixa claro que “os parques eólicos non supoñen ningunha riqueza para a poboación local, que ocasiona máis prexuízo ca beneficio á veciñanza. “ Costa da Morte produce enerxía e non sacamos ningún beneficio desta enerxía, e a instalación de parques eólicos supón o detrimento do turismo, sector en auxe na zona, pois perdemos o principal atractivo: a paisaxe”, explican.
A Plataforma alentará á presentación de alegacións, tanto a nivel individual coma por parte de diferentes entidades, ao procedemento de avaliación impacto ambiental do Parque eólico Monte Chan, ante a Consellería de Medio Ambiente.
A Plataforma xa pensa no mes de xuño, cando se cumplen 15 anos da gran marcha reivindicativa contra a canteira, e farán unha serie de actividades.
A Plataforma está desenvolvendo un importante labor diculgativo e reivindicativo a través das redes, Facebook e instagram “Salvemos os penedos”, e continúa cos recollida de sinaturas a través da plataforma change.org, que superá os 3.000 asinantes.
Novas sobre Os Penedos
- 22-02-2021: O BNG de Laxe presenta unha moción para que o pleno rexeite os Parques Eólicos de Monte Chan e Pena dos Mouros.
- Xan Fdez. Carrera: Novo ataque á Costa da Morte.
- 18-02-2021: Os Concellos de Laxe e Vimianzo plántanse ante o parque eólico Monte Chan pola súa afectación aos Penedos.
- PE Monte Chan: Adiante Vimianzo e BNG presentan alegacións ao PE Monte Chan por afectar á Paisaxe Protexida dos Penedos.
- PE Monte Chan e Pena dos Mouros: A veciñanza de Laxe denuncia dous proxecto eólicos sobre Laxe, Camelle e Vimianzo.
- Xaneiro 2020: Vimianzo e Laxe únense de novo para esixir que a Xunta comece o Plan Estratéxico dos Penedos.
- Novembro 19: Os Concellos de Laxe e Vimianzo retoman, en serio, o proxecto dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Decembro 2018: Os Penedos xa ten imaxe para o seu póster.
- Novembro 2018: 10 anos despois a Xunta comeza a traballar no Plan dos Penedos.
- Setembro 2018: Os penedos cobran vida.
- 2018: Laxe e Vimianzo únense para reivindicar os Penedos como #moitomáisquepedras.
- 2018: Augusto Pérez-Alberti: “É lamentable que a Xunta non fixera nada dez despois da declaración dos Penedos de Traba e Pasarela como Paisaxe Protexida”.
- 2018: Unindo forzas entre Concellos para salvar os Penedos
- 2016: O SEMESCOM presenta dous calendarios para o 2016 con imaxes dos Penedos de Pasarela e Traba.
- 2014: Vimianzo esixe o Plan de Conservación dos Penedos de Traba e Pasarela.
- Os vídeos da Semescom: Os penedos de Traba e Pasarela.
- 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela son oficialmente Paisaxe Protexida.