Luns. 29.04.2024
El tiempo

Convocan unha charla informativa sobre os eólicos para a veciñanza de Cambeda, Castrelo e Berdoias

PE EOlico Monte da Croa ti podes paralos
Convocan unha charla informativa sobre os eólicos para a veciñanza de Cambeda, Castrelo e Berdoias

Este venres 11 de agosto, a veciñanza das parroquias vimiancesas de Cambeda, Castrelo e Berdoias afectada polo Proxecto Eólico Monte da Croa (que afecta a Vimianzo pero tamén a Dumbría), ten unha cita ás 20:30h na Escola de Castrelo. Un acto informativo para coñecer como afectará este polígono no seu valor e nos dereitos de uso, e para ver os pasos que se poden realizar para impedir a súa construción.

Falarán da Asociación Vendabal Costa da Morte, ademais de Manuel Pérez Arias, presidente da Asociación Galega de Consumidores e Usuarios ACOUGA; e Manuel Germade Mayo, coordinador de ACOUGA.

Ademais, explicarán en que consiste a campaña “Ti podes paralos”, que desenvolve ADEGA e que xa levou o parque ante os Xulgados, para intentar salvar os montes da zona e unha das poucas mandas de lobo estables na Costa da Morte.

A campaña ten conseguido 4.263 dos 7.300 € necesarios para frear este proxecto eólico na Xustiza, con apenas 2 semanas de prazo…

Máis novas sobre Eólicos

Comentarios