Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Costa da Vida arrinca con Mercedes Peón

ACostadaVidaRedesMercedes_V1_cadrada copia
A Costa da Vida arrinca con Mercedes Peón

"Deixaas" chega ao Castelo de Vimianzo para inaugurar o proxecto local ‘A Costa da Vida’ con música, foliada e magosto. Mercedes Peón, Mónica Nut e Ana Fernández ofrecerán un recital no patio de armas da fortaleza soneirá a partir das 19:00 horas.

"Deixaas" é o resultado dunha intensa etapa de investigación sobre as posibilidade da arte sonora traída ao eido no que Peón se ergue como referente internacional: a música de raíz, a tradición máis xenuína. Amplía o universo creativo de Mercedes Peón combinando artesanía musical e vangarda creativa dun xeito excepcional.

Sen abandonar a súa base tradicional, o álbum inclúe unha faceta contemporánea inspirada en espazos aústicos de nova natureza e composicións que traballan coa palabra poética dramatizada.

Terá unha duración de 75 minutos, a entrada será de balde e posteriormente haberá para todo o público asistente, degustación de castañas.

Comentarios