A Curandeiras de Vimianzo organizan unha batuacada e outras actividades polo 25N

08:26 22/11/19
A Asociación Feminista As Curandeiras de Vimianzo convoca polo Día Internacional Contra a Violencia de Xénero unha concentración este sábado, 23 de novembro, ás 19:00 na Praza do Concello de Vimianzo na que farán lectura do manifesto e terán a súa xa habitual Batucada. Ademáis, realizarase a representación de "A historia de Pepe e Pepa", unha colaboración do Grupo de Artes Escénicas do I.E.S. Terra de Soneira.
Durante ese mesmo día tamén ofrecerán outras actividades abertas ao público na Sala de Conferencias:
- Ás 11 horas realizarán un taller de pancartas
- Posteriormente, ás 17:00 horas, celebrarase o club de lectura "Compañeira, non serva", que contará coa visita da autora María Rosaio Regueiro Cereijo.
Dende As Curandeiras animan a todas a participar e alzar a tua voz ante todas as violencia machistas.