luns. 02.06.2025
El tiempo

De Campaneo pola comarca

De Campaneo pola comarca
campaneo-vimianzo-2017 Nenos e nenas participan este día no campamento de verán organizado pola Cruz Vermella de Vimianzo Os participantes no Campaneo de Verán, organizado pola Cruz Vermella de Vimianzo, andan estes días de visita por varios puntos de interese da Costa da Morte. O campamento arrancou este luns, día 28 de agosto, e remata hoxe. Nel participan uns vinte nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. Despois do primeiro día, que lles serviu aos participantes para coñecerse entre sí con distintos xogos, a segunda xornada do Campaneo de Verán arrancou coa visita ao Castelo de Vimianzo para coñecer as labores de artesanía que se realizan alí. O mércores foi o día elixido para visitar outros dos monumentos de Soneira, as Torres do Allo onde os nenos e nenas coñeceron como se vivía nun pazo fai 500 anos e fixeron un xogo de pistas para atopar o tesouro.  E onte, os nenos e nenas que participan no Campaneo descubriron o punto limpo que vén de estrear o concello. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios