Luns. 29.04.2024
El tiempo

A delegación do Goberno fixouse nos proxectos de Vimianzo

Visita institucional a Gerca
Visita institucional a Gerca comandada por Germán Mouzo
A delegación do Goberno fixouse nos proxectos de Vimianzo

Este pasado xoves Vimianzo recibía unha visita institucional comandada polo Delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco. Un Blanco que tras reunirse coa rexedora Mónica Rodríguez amosou o seu interese por varios proxectos, como o de rehabilitación enerxética do Centro Social, ademais de loubar a importancia da colaboración e boa sintonía entre administracións.

Unha das visitas que máis impresionou ao Delegado foi ás instalacións da empresa Gerca, Acero y Metal, que xa supera os 100 traballadores. Pedro Blanco puxo en valor o traballo desta firma, centrada no sector da carpintería metálica e con máis de 25 anos de experiencia, da que indicou que é un referente industrial da Costa da Morte.
Da man dos directivos de Gerca, o delegado e a alcaldesa coñeceron os plans de expansión desta empresa, que se traduciron en investimentos que impactaron no Concello de Vimianzo. O delegado felicitounos por este crecemento que puxo como exemplo de bo facer empresarial.

Pedro Blanco en Gerca con Manuel Mouzo

Posteriormente, ambos os dous trasladáronse á Casa do Concello onde mantiveron unha reunión de traballo xunto con outros membros do Goberno local. Nesta reunión repasaron outros exemplos de colaboración do Goberno no municipio como a renovación das instalacións de alumeado exterior, a extensión da banda ancha e a dixitalización dos servizos públicos.

Máis novas

Comentarios