Denuncian que os orzamentos presentados polo Concello vimiancés no tema do ximnasio son falsos


Continúa a polémica en Vimianzo sobre a xestión do Ximnasio Municipal. Antes as críticas da oposición, a semana pasada o Goberno vimiancés defendía o procedemento na contratación do xestor do ximnasio. E para iso amosaba unhas facturas. Unhas facturas, que dende a oposición denuncian como falsas.
De feito, Sonia Martínez Bolón, administradora de Centro Deportivo Vital Fitness, empresa carballesa, púxose en contacto con nós para, por primeira vez, deixar clara súa postura, pois están utilizando o nome da súa empresa cando non ten nada que ver neste asunto. Sonia, en nome de Centro Deportivo Vital Fitness declara que "esta sociedade nunca presentou proposta económica algunha ao Concello de Vimianzo, para responsabilizarse do ximnasio".
Así mesmo, Sonia, farta de que uns e outros utilicen o nome da súa empresa en ban, perxudicando a súa imaxe, esixe que "se deixe de utilizar a denominación Vital Fitness, así como a publicacón de documentos con devandita denominación e mesmo o logo actual, emitidos a partir do 02-05-2010 no contrastados con nós, en próximas novas relacionadas co tema, posto que está perxudicando directamente a imaxe do Centro, e de non ser así, emprenderanse as medidas legais pertinentes".
Procedemento da polémica
Dende a oposición, IxVim explica como puido ser o procedemento. "O Concello púxose en contacto con Andrés Eirís, o marido de Lucía Santos, de Viraxes SL, ao que lle piden que presente varias propostas para a xestión do ximnasio municipal. Andrés presenta a proposta de Viraxes SL, perfectamente legal, pero as que acompaña non son tan legais. Ademais de presentar unha da propia Lucía Santos, que non está dada de alta de autónomos ao ser a xerente de Viraxes, presentan unha documentación dunha empresa que xa non existe: Club Deportivo Vital Fitness, empresa na que traballara o propio Andrés, pero que foi disolta en 2010". De aí a confusión coa empresa carballesa, que sae estes días en protesta, pois parece ser que "un monitor da empresa asinou un papel co cuño da empresa carballesa, pero que non coincide co CIF. Iso é, para unha adxudicación, 3 propostas de 3 empresas das que só existe 1".
Novas relacionadas
- Un mozo de 26 anos de Baíñas morre nun accidente de tráfico en Dumbría.
- O Goberno vimiancés defende a xestión no contrato do ximnasio.
- A tensión no pleno vimiancés sobe coas duras críticas de IxVim.
- O Concello vimiancés informa das Axudas culturais e deportivas ás asociacións ante as críticas do Soneira.
- O Alcalde de Vimianzo amosa as facturas.
- IxVimianzo indígnase coa xestión e o cinismo do alcalde.
- IxVimianzo clarexa a súa postura sobre a sentencia da Casa da Cultura e pide austeridade.
- IxVimianzo denuncia que Antelo comeza “enchufando” á número 5 da súa lista.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).