Venres. 26.04.2024
El tiempo

O Goberno vimiancés defende a xestión no contrato do ximnasio

O Goberno vimiancés defende a xestión no contrato do ximnasio

Polémico o caso da contratación do xestor do ximnasio municipal, estreado o pasado mes de marzo. Dende o grupo de IxV denuncian que se trata dun "escándalo", pois das 3 empresas que se presentaron ao concurso, dúas eran inexistentes. Hoxe o grupo de goberno do BNG vimiancés quere defenderse apuntando que "prorrogamos na práctica, mediante un contrato de catro meses e medio, a continuidade da xestión do ximnasio municipal a través dun contrato menor adxudicado á empresa Viraxes, que se fixo cargo destas instalacións desde a súa apertura, durante a etapa do antigo alcalde". E de paso denuncian que o contrato é agora 4.200€ máis barato que o anterior para as arcas do Concello.

Nos vindeiros días publicarase o prego de condicións que rexerá esta licitación, evitando así o peche das instalacións. “Ben puido facer o anterior alcalde unha contratación axeitada para a xestión do ximnasio e non atoparnos nós con este marrón”, di Manuel Antelo. O alcalde explica o proceso de contratación:

“Para adxudicar o contrato menor, de catro meses e medio de duración por un prezo de 14.310,81€, podiamolo facer directamente sen necesidade de pedir varios orzamentos na busca de mellores condicións, mais optamos por pedir tres orzamentos aforrando máis de 4.000,€ con respecto ao anterior contrato. As empresas invitadas foron Viraxes, Gestafis e Vital Fitness, que nos achegaron os orzamentos que ofrecían”.
E destaca que "o concello de Vimianzo solicitou os orzamentos con empresas competentes para a xestión do servizo do ximnasio e non temos nada que esconder. Os representantes das empresas non adxudicatarias ratifican por escrito o bo proceder do concello en todo momento".

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Grupo de Goberno do BNG de Vimianzo e do Concello vimiancés.

Comentarios