Luns. 29.04.2024
El tiempo

Destapan prácticas abusivas nos contratos eólicos de Vimianzo

Charla OEGA Vimianzo eolicos
Destapan prácticas abusivas nos contratos eólicos de Vimianzo

Ante un auditorio de 30 persoas afectadas, o Observatorio Eólico de Galicia aclarou aspectos económicos do Parque Eólico Monte da Croa. O feito de que se ofrezan cantidades por debaixo da media, xunto á noticia das ameazas de expropiación a particulares, centraron o debate posterior.

Chegado na tarde do venres desde a Universidade de Vigo, o catedrático de economía Xavier Simón explicou que este proxecto eólico aínda non ten a declaración de utilidade pública que permitiría iniciar procedementos de expropiación, polo que recomendou analizar as ofertas con calma e non deixarse enganar. Informou sobre prezos do alugueiro de terreos para este tipo de infraestruturas e facilitou un contrato tipo con cláusulas xustas para ambas partes.
O director do OEGA engadiu que a mellor estratexia negociadora para as propietarias é manter unha postura común e que o apoio municipal é fundamental.

A plataforma Vendaval Costa da Morte, organizadora da charla, denunciou a insistencia dos supostos comerciais da empresa promotora e a indefensión que sinte a cidadanía ante estas prácticas, e criticou que non se teñan en conta as graves afeccións dos aeroxeradores nas aldeas máis prexudicadas. Tamén valorou que o Concello de Vimianzo podería recibir case 1 millón de euros no momento da licenza municipal pero recordou que o polígono eólico afectaría os usos futuros do seu territorio para sempre.

Finalmente, a veciñanza agradeceu a información recibida pero lamentou que, para algúns, chega tarde.

Máis novas

 

Comentarios