Martes. 23.04.2024
El tiempo

Detido un vimiancés por romperlle un vaso de cristal na cara a outro nun club da vila

garda-civil-recurso
Detido un vimiancés por romperlle un vaso de cristal na cara a outro nun club da vila

De de 6 a 12 anos de cárcere son as condenas "a todo aquel que cause a perda ou incapacidade dun órgano ou sentido principal". Irá por aí á que lle caia a un veciño de Vimianzo, detido esta semana por un delito de lesións graves.

Os feitos ocorreron cando varios homes se atopaban nun establecemento da localidade, dous deles iniciaron unha discusión que rematou cun deles golpeando ao outro cun vaso de cristal á altura do ollo esquerdo. A vítica caeu insconsciente no chan mentres o agresor marchaba.

A vítima sufriu un corte profundo que ocupa todo o lado esquerdo da cara polo que tivo que recibir máis dunha ducia de puntos de sutura, así como importantes lesións no ollo esquerdo. Estas lesións implicaron un ingreso hospitalario de 5 días, e ten un gran risco de perda total da visión e mesmo de perda do ollo esquerdo.

Tras a manifestación do ferido e de distintas testemuñas, a Garda Civil de Vimianzo procedeu á detención do autor por un Delito de Lesións Agravadas.
O detido, xunto coas dilixencias incoadas, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución Número 1 de Corcubión, ordenando o seu ingreso en prisión preventiva e sen fianza no Centro Penitenciario de Teixeiro.

Comentarios