Martes. 15.10.2024
El tiempo

Dolores Pena e Rosa Sánchez comparten a experiencia costeira no II Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local

Dolores Pena Pena, adl de Carnota e Rosa Maria Sanchez Maritinez no Congreso Afiprodel
Dolores Pena Pena e Rosa Sánchez Congreso Nacional
Dolores Pena e Rosa Sánchez comparten a experiencia costeira no II Foro Nacional de Axentes de Desenvolvemento Local

Estes días celébrase en Murcia o II Foro Nacional de Agentes de Desarrolo Local. Unha cita na que a Costa da Morte volve demostrar a súa experiencia, coa presenza de dúas das técnicas pioneiras. Dolores Pena Pena, Axente de Desenvolvemento Local de Carnota, e Rosa Maria Sánchez Martínez, técnica de Desenvolvemento Local de Vimianzo, participan estes días nas intestas xornadas que teñen lugar en San Pedro de Pinatar, gracias ao apoio das administracións en materia de emprego.

Fan representando á Afiprofel, a Asociación Galega de Técnicos de Desenvolvemento Local creada dende a Costa da Morte, pero ademais, participan tamén en nome da Feprodel, a Federación estatal.

Lola e Rosa repiten participación no Foro, xa que o ano pasado tamén acodiran xunto con Cristina Pereira, de Santa Comba, e María Campos, de Corcubión.

Este ano, a carnotá e a vimiancesa participarán nunha mesa que analiza o papel dos ADL na Fixaciçon de Talento nas zonas rurais.

Ademais de crear redes coas diferentes asociacións do país, e de preparar unha viaxe a Ciudad Real en colaboración con Aprodel, a asociación de Castilla la Mancha, as costeiras tamén están tomando nota de como está a realizarse o proceso de estabilización dos postos de traballo dos ADLs por toda España, unha vez que a Xunta de Galicia se puxo en contacto coa entidade para consensuar un proceso e estabilizar os postos que aínda a día de hoxe se formulan a través de subvencións en numerosos concellos galegos.

Máis novas

Comentarios