Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os edís de Adiante Vimianzo non asisten ao pleno en protesta polo horario

Pleno Vimianzo 1
Imaxe dun pleno vimiancés celebrado en plena pandemia
Os edís de Adiante Vimianzo non asisten ao pleno en protesta polo horario

O pasado venres celebrouse, ás 9:00h, o pleno de novembrono no Concello de Vimianzo, cun único punto na orde do día, a aprobación da acta anterior. Un pleno ao que non asistiron os cinco concelleiros e concelleiras do Grupo Municipal Adiante Vimianzo, para mostrar, deste xeito, “o desacordo co xeito de proceder do goberno municipal na convocatoria deste órgano”.

Os edís lembran que “a corporación municipal acordou, por unanimidade de todos os seus membros, no Pleno de organización, que as sesións plenarias se celebrarían o último venres de mes ás 20 horas. Porén “desde o mes de maio de 2020, por unha decisión unilateral da Acaldía, sen consulta previa, nin ningún tipo de consenso cos grupos da oposición, cambiouse o horario das sesións plenarias para as 9 da mañá. En numerosas ocasións os dous grupos da oposición, que supoñen a maioría da corporación, rogamos que se volvesen celebrar os plenos no horario acordado, pois a hora imposta desde a Alcaldía impide compatibilizar as obrigas laborais dos membros da corporación coas obrigas que temos como representantes públicos, o que supón un claro prezuízo para os membros da oposición que sistematicamente, cando menos unha vez ao mes, temos que ausentarnos do noso posto de traballo ás 9 da mañá, para poder asistir ás sesións plenarias”, din.

“Sabemos que como representantes públicos temos dereito a faltar ao noso posto de traballo para asistir aos plenos ou a outros órganos, pero iso non deixa de supoñer un prexuízo laboral para nós, que se podería solventar se os plenos se celebrasen pola tarde, tal e como se acordou”, explican ao tempo que piden que sexan emitidos publicamente.

Ademais critican a celebración de “plenos baleiros”. “Que o Pleno, o máximo órgano de goberno municipal, quede relegado a un mero trámite mensual no que aprobar actas é sinal de falta de propostas por parte da Alcaldía o que deriva nun mal funcionamento do concello”, apuntan.

Comentarios