A Deputación aporta 95.000 para os 5 eixos de traballo da CMAT

O ente xestor do noso turismo, Costa da Morte Asociación Turística (CMAT) volve recibir o apoio da Deputación da Coruña a través da concesión da subvención de 95.520 euros sobre un orzamento total de 119.400 euros. Unha axuda "imprescindible" para desenvolver un "programa de actividades ambicioso e ilusionante".
A principal achega é para a creación do Plan de Acción para o Turismo na Costa da Morte, que funciona como unha folla de ruta. E son 5 os eixos nos que focaliza as súas accións:
- Implantación do Sistema de Calidade turística en Destino (SICTED), xa con 75 entidades inseridas no programa (empresas de aloxamento, turismo activo, museos e centros de interpretación e oficinas de información turística).
- Astroturismo: Darlle continuidade á mellora da competitividade no sector astroturístico con actividades e formacións sobre a mellora da iluminación e a redución da contaminación luminosa, Ademais, este ano, do 1 ao 4 de outubro, celebrarase na Costa da Morte, en concreto, na Casa da Cultura de Cee, o VII Encontro Internacional Starlight.
- Promoción do destino e produtos turísticos prioritarios a través da rede e dos medios de comunicación.
- Actualización e mellora da páxina web de promoción turística da CMAT, visitacostadamorte.com, coa que se está a traballar desde hai uns meses, e que verá a luz nas vindeiras semanas.
- Nova edición do mapa turístico da Costa da Morte.
Para levar a cabo todas estas actividades, a CMAT conta, ademais, co apoio dun servizo de asistencia técnica e outro de asesoría contable para garantir que a entidade cumpre cos requisitos necesarios para xestionar axudas e fiscalidade.
O ente está a traballar, paralelamente, para asinar un convenio de colaboración entre a CMAT e Turismo de Galicia para 2024,
Máis novas