Sábado. 18.09.2021
El tiempo

Entregan 5.500 sinaturas contra o inminente peche das sucursais de Abanca en A Baña, Vimianzo e Zas

Entrega-firmas-non-peche-abanca
[email protected] de A Baña, Vimianzo e Zas coas sinaturas na porta da sede central de Abanca na Coruña
Entregan 5.500 sinaturas contra o inminente peche das sucursais de Abanca en A Baña, Vimianzo e Zas

Trala manifestación da pasada semana, os [email protected] dos Concellos de Zas, o Concello de Vimianzo e o Concello de A Baña volveron ás portas da oficina central de Abanca na Coruña para facer entrega de máis de 5.500 sinaturas recollidas estas semanas contra o peche das oficinas de Zas, Baíñas e A Baña. Un peche previsto para este mesmo mércores 8 de setembro, como lles confirmaba o propio xefe de zona de Abanca, Víctor Esmorís, esta mañá.

Os alcaldes aseguraron que seguirán traballando nunha nova liña de accións conxuntas debido a que estes peches que afectan directamente a uns 10.000 veciños e veciñas da zona.
Dende o momento en que coñeceron a decisión, os rexedores destes tres municipios trazaron unha serie de accións conxuntas para evitar estes peches. Ata o momento solicitaron unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, reuníronse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias - FEGAMP -, ademais das concentracións locais e a manifestación provincial realizada a semana pasada.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios