Entregan 5.500 sinaturas contra o inminente peche das sucursais de Abanca en A Baña, Vimianzo e Zas

Trala manifestación da pasada semana, os rexedor@s dos Concellos de Zas, o Concello de Vimianzo e o Concello de A Baña volveron ás portas da oficina central de Abanca na Coruña para facer entrega de máis de 5.500 sinaturas recollidas estas semanas contra o peche das oficinas de Zas, Baíñas e A Baña. Un peche previsto para este mesmo mércores 8 de setembro, como lles confirmaba o propio xefe de zona de Abanca, Víctor Esmorís, esta mañá.
Os alcaldes aseguraron que seguirán traballando nunha nova liña de accións conxuntas debido a que estes peches que afectan directamente a uns 10.000 veciños e veciñas da zona.
Dende o momento en que coñeceron a decisión, os rexedores destes tres municipios trazaron unha serie de accións conxuntas para evitar estes peches. Ata o momento solicitaron unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, reuníronse co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias - FEGAMP -, ademais das concentracións locais e a manifestación provincial realizada a semana pasada.
NOVAS RELACIONADAS
- 02-09-2021: Medio millar de veciñ@s de Vimianzo e Zas manifestaron na Coruña o seu malestar polo peche das sucursais de Abanca
- 25-08-21: A veciñanza de Vimianzo e Zas álzase contra o peche das sucursais de Abanca.
- 20-08-2021: A veciñanza de Baíñas demostra o seu rotundo rexeitamento ao peche da sucursal de Abanca.
- 20-08-2021: A FEGAMP comprométese a analizar a política de abandono do rural de Abanca.
- 14-08-21: Os Concellos de Vimianzo e Zas unen forzas contra o peche das sucursais de Abanca.
- 12-08-2021: A veciñanza de Baíñas concentrouse contra o peche da sucursal de Abanca.
- 12-08-2021: Zas mobilízase contra o peche da oficina de Abanca.
- 04-08-2020: Lamentan o peche da oficina de Abanca en Dumbría.
- Cousas que existían pero que descubrimos coa pandemia: Os bancos, tal como os coñecemos, camiño de ser un recordo.