Domingo. 20.10.2019
El tiempo

A Escola infantil de Vimianzo contará con 61 prazas e o Cole terá Servizo de madrugadores

Unha imaxe dos Vimianziños
Unha imaxe dos Vimianziños
A Escola infantil de Vimianzo contará con 61 prazas e o Cole terá Servizo de madrugadores

A petición municipal, a Xunta de Galicia aprobou a ampliación de prazas da Escola Infantil de Vimianzo. Os departamentos de Benestar e de Obras conseguiron desbloquear un asunto que levaba ano e medio paralizado, pasando de contar con 41 a 61 prazas, permitindo das cabida a todas as solicitudes da listaxe de agarda. Esta aposta pola conciliación é unha das liñas prioritarias do novo goberno de Mónica Rodríguez.

A ampliación permitirá crear tamén un novo comedor, o que supón un maior confort para os nenos e nenas. Hai un novo almacén e créase a sala de profesores, coa que ata agora non se contaba.
No relativo ás instalacións, o proxecto contempla a accesibilidade dos baños a persoas con discapacidade, a mellora da iluminación e da ventilación, contar cun patio de xogos pechado, a mellora das condicións hixiénicas xerais das aulas e das condicións de accesibilidade e seguridade de todo o centro.

Vimianzo conta, por primeira vez, con Servizo de madrugadores

Este martes, 1 de outubro, comeza esta nova actividade no colexio San Vicenzo, unha mostra máis da “especial preocupación pola conciliación e as familias” por parte do Goberno socialista. Os pais e nais que teñan que levantarse cedo por mor de incorporarse aos seus postos de traballo, poden dende xa deixar aos seus nenos e nenas no colexio de San Vicenzo a partires das 7:30h..

Novas relacionadas

Comentarios