Excarcerado o condutor dun furgón que sufríu un accidente en Vimianzo
Esta mañá de mérores, pouco antes das 7:00h da mañá, 11 de setembro, rexistrábase un novo accidente, na estrada AC432, no punto quilométrico 7, preto do lugar de Braño, Carantoña, concello de Vimianzo. Foi unha colisión entre dous vehículos, un furgón e un turismo, que deixaba ao condutor do furgón atrapado dentro do vehículo, provocando ademais o peche da estrada durante máis de dúas horas.
Ademais dos membros Protección Civil da localidade, de Tráfico e do 061, tiveron que achegarse os bombeiros de Cee, para proceder á liberación da vítima quitando a porta primeiro e, posteriormente, usando uns cilindros separadores para apartar o salpicadeiro. Unha vez liberada a persoa, puxéronlle un collarín e sacaron á vítima do furgón co taboleiro espiñal, para pasalo en padiola aos sanitarios, que o trasladaron en ambulancia ata o Hospital de referencia.
A outra persoa do outro vehículo xa estaba sendo atendida noutra ambulancia, e tamén foi trasladado.
Accidentes deste verán
- 02-09-19: Nova fin de accidentes en Muros.
- 28-08-19: Esteiro rexistrou o terceiro accidente do día.
- 28-09-19: Dous novos accidentes en Louro (por un xabarín) e en Ponteceso (pola grava).
- 21-08-19: Nova xornada de accidentes na comarca.
- 15-08-19: Excarcerada unha persoa tras sufrir un accidente ao seu paso por Bértoa, Carballo.
- 12-08-19: 4 novos accidentes en dous días en Dumbría e atropelo dunha menor en Carnota.
- 10-08-19: Un motorista ferido tras un accidente en Lira.
- 09-08-19: Identificado o condutor que subíu ás redes sociais un vídeo a 200km/h por Ponteceso.
- 07-08-19: Dúas mulleres falecen en sendos accidentes en Malpica e Cabana.
- 06-08-19: Dous feridos tras un novo accidente en Camariñas.
- 05-08-19: Dous falecidos e catro feridos nun grave accidente en Outes e outro ferido en Esteiro.
- 26-07-19: Dous novos accidentes en Ponteceso e Malpica para facer un total de 8 en menos dunha semana.
- 23-07-19: 4 novos accidentes e a Garda Civil buscando ao mozo que ía a 200km/h por Ponteceso.