Luns. 22.07.2019
El tiempo

Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco

Falece un neno de dous anos tras ser atroplelado en Coristanco

Traxedia en Coristanco nesta fin de semana. O mediodía do sábado 16 de maio tinguiuse de luto despois de que un neno duns dous anos de idade perdera a vida despois de ser alcanzado por un turismo na parroquia de Erbecedo.

Os particulares que primeiro se puxeron en contacto cos servizos de emerxencias para pedir axuda xa sinalaban a gravidade do accidente. O persoal do CAE 112 Galicia solicitou a intervención urxente da Garda Civil de Tráfico e dos membros do GES de Ponteceso. Pola súa banda, Urxencias Médicas enviou unha ambulancia ao lugar do sinistro, mais o equipo médico nada puido facer por salvar a vida do cativo. Un grupo de psicólogos especializados, que colaboran co CAE 112 Galicia en emerxencias graves e catástrofes, contactarán coa familia do rapaz no caso de seren necesarios.

Un ferido en Vimianzo

Unha persoa resultou ferida en Vimianzo tras colidir contra un poste o turismo que conducía. O equipo médico do helicóptero con base en Santiago se desprazou esta mañá a Vimianzo para atender a unha persoa que resultou ferida tras sufrir un accidente de tráfico. As testemuñas do sinistro indicaron aos xestores do 112 Galicia que o turismo que conducía a afectada se saíu da vía e chocou contra un poste. Os Bombeiros de Cee acudiron ao lugar dos feitos, pese a que o alertante asegurou que a persoa podería abandonar o coche sen a necesidade dun equipo de excarceración. Ademais dos bombeiros do parque comarcal, participaron no operativo a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Vimianzo e Urxencias Médicas. O sinistro se rexistrou ás 08:20 horas do domingo.

Outros sucesos

Fonte

Comentarios