Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A familia do Triatlón Costa da Morte recoñecida na casa

Triatlon Costa da Morte en Vimianzo
A familia do Triatlón Costa da Morte recoñecida na casa

Tralo éxito no Duatlón de Reis, a corporación vimiancesa quixo render homenaxe á familia do Club Triatlón Costa da Morte. Así, este sábado realizaban unha recepción oficial no Salón de Plenos, nos que a alcaldesa, Mónica Rodríguez, e o concelleiro de Deportes, Mario Andújar, e o técnico deportivo Víctor Santos, quixeron felicitar de maneira persoal aos deportistas "polos éxitos colleitados e o seu esforzo e adicación nun ano moi complicado tamén para o deporte", sinalaron.

Fixeron entrega dun obsequio co motivo do Castelo de Vimianzo, con deseño propio e feito a man por persoas con problemas de saúde mental no Obradoiro de Cerámica KERÁMICOS, que pertence á Asociación Pro Enfermos Mentais APEM. O proceso artístico garante a exclusividade e a calidade da peza adquirida.

recepción vimianzo 1

Triatlon Costa da Morte recepción vimianzo 2

Novas relacionadas

Comentarios