A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais desenvolve tres obradoiros de igualdade en Vimianzo

13:37 20/10/20
A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais FADEMUR, trae a Vimianzo tres obradoiros no marco do programa Cultivando Igualdade.
As sesións comezaban onte, 19 de outubro, e continuarán os 29 de outubro e o 12 de novembro, co obxectivo de continuar e complementar os traballos que se realizan pola igualdade e o progreso das mulleres que habitan e traballan no medio rural, e en contra das violencias machistas.
As sesións presenciais pero co material accesible tamén en www.cultivandoigualdade.org, están dirixidas a adolescentes e mulleres rurais.
Así forma a campaña Cultivando igualdade a nivel estatal.