Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Fin de semana solidario, teatral e musical en Vimianzo

Morte Accidental dun Anarquista de Talia Teatro
Talía Teatro trae "Morte Accidental dun Anarquista" a Vimianzo
Fin de semana solidario, teatral e musical en Vimianzo

Menuda fin de semana ten Vimianzo por diante. 3 días de vertixe en todos os sentidos, comezando este 1 de abril, coa gala solidaria en favor do pobo ucraíno. A Casa da Cultura vestirase de longo para, a partir das 21:00h, acoller unha completa cita cultural. Actuarán a Escola Municipal de Música Tradicional e Moderna, o Coro Municipal, Irma Macías e Xaquín Rama, Jaime Lema, Suso Andrea, o dúo José e Pepe, a banda de gaitas da AC Trubisquiña, a banda de gaitas O Revoltixo de Carantoña, a charanga Pasarela Big Band, os Bastardos de Rivera, Suso de Quinito, Oppium e Teima, que presentarán a súa versión de “Túa nai é meiga” .

Están a disposición da veciñanza entradas na billeteira do Auditorio, en horario de 10:00 a 14:00 horas polas mañás; e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes, con prezo 5 euros, e tamén a través de www.woutick.es, co mesmo prezo ou coa opción de “Fila 0”. A cantidade recadada destinarase á Coordinadora Española de Organizacións para o Desenvolvemento.

Gala solidaria Vimianzo Ucraina
Gala solidaria Vimianzo Ucraina

Sábado de teatro

Se o venres é solidario, o sábado é histórico, coa chegada no marco do programa trimestral do Auditorio, da obra ”Morte Accidental dun Anarquista”, recentemente estreada pola compañía costeira Talía Teatro.
Ás 20:30h na Casa da Cultura.

Domingo musiqueiro

OISG Galicia

Vimianzo recibirá este domingo, 3 de abril, á Orquestra Infantil Sinfónica de Galicia no Auditorio da Casa da Cultura. Interpretaranse pezas de Handel ou Tchaikowsky eNo seu segundo concerto da tempada, as rapazas e rapaces que integran a OISG formula un proxecto de repertorio programático co que o alumnado puido profundizar en aspectos técnicos iniciados a comezos do curso e no que se aprenden os recursos necesarios para poder transmitir o traballo realizado cada fin de semana. Interpretaranse tamén pezas de autores contemporáneos como Hans Zimmer.

As entradas pódense adquirir nesta ligazón ou na billeteira da propia Casa da Cultura unha hora antes do concerto, ás 17:30 horas.

Novas relacionadas

Comentarios