Xa non son aqueles rapaciños que nacían no val de Soneira. Son xa unha banda confirmada no panorama metaleiro galego, cun son moi recoñecible, que ademais, vén de sacar unha versión necesaria da canción popular “Túa nai é meigha”. Falamos da banda vimiancesa Teima (@somosteima) que, despois de Lume e Espiñas, vén de estrear o seu segundo single .
Faino cun videoclip, producido polo colectivo audiovisual “Catro Ghatos”. Unha peza xa dispoñible en YouTube, e en todas as plataformas dixitais. Nesta ocasión, Teima entra de cheo no mundo tradicional galego, para levar ao seu terreo unha das pezas galegas máis celebres. O tema pretende enfocarse no carácter literal da letra, a cal esconde unha mensaxe escura e desoladora. Para esta mistura de sons, “Túa nai é meigha” conta coa colaboración de Adela Dios, Emma Curra, e Noa Pichel.
O videoclip, dirixido por Pablo Alvite, afonda esta vez nunha narrativa con estrutura circular. Unha peza audiovisual na que as lendas, a tradición, e a arte, se xuntan para mostrar a súa intemporalidade. Co fin de plasmar dita idea, a banda contou coa colaboración do escultor vimiancés Suso Fuentes, quen cedeu as súas obras e o seu espazo de traballo.
Novas relacionadas
- Marzo 21: Teima, a banda de metal soneirá, saca novo tema sobre a vaga de lumes.
- Abril 2020: Teima aproveita a corentena para “Aprender”.
Máis Novas sobre música costeira
- #SoandoconForza: 25 anos do Homework de Daft Punk.
- Rouco Son, unha nova revista para espallar o metal e rock galegos.
- Deleiba lanza "Erguerse", unha mensaxe de esperanza para o Rock Galego.
- Novembro 2020: Adhara & Ritman, gañadora do XXII Concurso de Bandas e Solistas CUAC FM.
- Outubro 2020: Juan Vidal volve ás súas raíces.
- Outubro 2020: Ekocidio: "Se non soltaba Terra de Nordeste, quedaría dentro e me comería lentamente”.
- Setembro 2020: Leö KCH e Ser Trillo unen voces “Buscando unha lus”.
- Setembro 2020: Leö KCH e La Cloaka Sound unen o seu SonGalego.
- Setembro 2020: O muradán Lucas Rei Ramos acada o primeiro premio do Concurso Internacional de Composição de Póvoa de Varzim.
- Setembro 2020: "A Lourinda", o primeiro tema de Belem Tajes polos Faros da Costa da Morte.
- Agosto 2020: Manu Nogueira de Orballo Cultural: "A nosa idea é que nun futuro poidamos contar con moitas máis localizacións”.
- Agosto 2020: SERJ cántalle á metástaste do planeta: NÓS!.
- Xaneiro 2020: Bastardos de Riveira: Ghastropunk para loitar contra a precariedade laboral na hostalería.