Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo e a importancia da programación continúa para espallar a cultura e encher os auditorios

Vimianzo e a importancia da programación continúa para espallar a cultura e encher os auditorios

Levamos anos dicíndoo: que importante é a programación cultural continua nos concellos pequenos.

Temos na Costa da Morte experiencias diversas de como os concellos intentan encher os mamotretos de auditorios que se construíron nos anos de bonanza. Exceptuando o caso carballés, doutro nivel ao do resto de concellos da comarca, departamentos de cultura de concellos como Malpica ou Ponteceso apostan por organizar un par de mostras ou ciclos anuais. Iniciativas positivas pero insuficientes para manter o pulso cultural durante todo o ano.

Un dos Concellos máis contantes é o de Vimianzo, que mantén actividades durante varios meses do ano. Como fixo durante outubro, novembro e decembro, este mes de febreiro arrincou a Programación de Inverno do Auditorio da Casa da Cultura, que cubrirá os sábados ata abril con programación para adultos. Un programa perfectamente compatible co “Inverno en Familia”, pensado para as tardes de domingo, unha fantástica alternativa para as crianzas.

Arrincaba con arredor dun cento de persoas en cada sesión, pero a veciñanza vaise acostumando pouco a pouco ao hábito de ir ao teatro. “Porque se sabes que o domingo hai teatro infantil, é posible que vaias. Se non sabes exactamente, se varían os horarios… o máis seguro é que non vaias”, asegura sempre Talía Teatro incidindo na importancia da programación continua.

Boa parte da culpa deste éxito teno Nieves Lema, técnica cultural do Concello, que contacta coas mellores compañías do país para ofrecer esta suculenta oferta.

2022_CU_AUDITORIO_PADULTOS INVERNO copia

2022 programacion INFANTIL auditorio copia

Novas relacionadas

Comentarios