Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un Foro para convertir a Translatio en produto turístico de altura

Cartel_Foro Europeo_200921-Vimianzo
Un Foro para convertir a Translatio en produto turístico de altura

Pouco a pouco a Costa da Morte vai descubrindo a importancia histórica tan radical que ten a Translatio. E outro punto máis para decatarnos vai ser o Foro “Translatio e Camiños de Santiago nas Terras dos Condes de Altamira”. A cita, enmarcada no programa O Teu Xacobeo, terá lugar en Vimianzo este venres 24 de setembro, e comezará cunha mesa na que participarán os 3 alcaldes/as socialistas de Vimianzo, Muxía e Cee.

Durante a pausa café inaugurarase a Exposición do proxecto, e de seguido chega o prato forte: unha mesa con especialistas sobre como trasladar o fenónemo xacobeo que supón a Translatio a produto turístico. Estarán Jean-Claude Benazet, da Fraternidade Internacional do Camiño de Santiago; Manuel Vilar, director do Museo do Pobo Galego e autor da guía do Camiño a Muxía por Brandomil; Patricipa Cupeiro, Doutora en Historia de Arte e guía oficial de Galicia; Paula Cadaveira, historiadora especialista en peregrinacións na Baixa Idade media e docente; Jorge Guitían, escritor e investigador en gastronomía; e Rosa Sánchez, ADL do Concello de Vimianzo que actuará como moderadora.

Poden inscribirse en [email protected] ou velo en directo dende casa no Youtube do Concello de Vimianzo.

RELACIONADOS

Comentarios