Luns. 18.11.2019
El tiempo

Vimianzo sinte a Translatio dende dentro

Maqueta da Translatio de Cereixo na que participou o maquetista de barcos Chema, emais Ana e Carmen do Liño e
Maqueta da Translatio de Cereixo na que participou o maquetista de barcos Chema, emais Ana e Carmen do Liño e
Vimianzo sinte a Translatio dende dentro

Esya pasada fin de semana serviu para decatarnos da importancia de termos na Costa da Morte a iconografía en pedra máis antiga que se coñece.

Paralelo ao Simposio transcorreu unha campaña de divulgación entre a poboación vimiancesa. Por un lado desenvolvéronse unha serie de visitas escolares.

Por outro cómpre falar exposición “A Translatio, inspiradora de artistas locais”, que fica na Casa da Cultura aberta con pezas singulares e únicas, moi creativas e con distintas perspectivas para vivir, dende dentro, a Translatio. Unha exposición que “conseguia que a xente de Vimianzo se empapara da Translatio, a estudiase e a coñecese polo miúdo”, explica satisfeita Rosa Sáchez, unha das organizadoras.

Hai peza tan curiosas como unhas caixas de madeira, de Jesús Viña (de Salto); unhas tellas decoradas coa porta de Cereixo de Caridad Alvela (de Salto); 3 cadros feitos polo alumnadoda escola de pintura; ou pezas feitas polos artesans do castelo, como a Rranslatio en palla, en en encaixe, unha maqueta completa feita por Carmen do Liño, Ana Antelo e o maquetista Chema, e ata xoias preciosas feitas por Esther Ferreiro.

Tamén os coles tiveron tempo de investigar e “empaparse” da historia. Os nenos de Baíñas fixo un barco con todos os persoeiros da imaxe, e mesmo un cómic… Tamén os nenos do CEIP da Ponte do Porto fixeron unha maqueta e varios debuxos.

Monica Rodriguez inaugurando a Mostra da Translatio
Inauguración da Mostra

Translatio en cesteria de Carmen Alvela de Padreiro
Translatio en cesteria de Carmen Alvela de PadreiroUn belen da TranslatioPezas feitas en 3D na Aula CEMit de VImianzo sobre a TranslatioA Translatio de Cereixo en encaixexoias de Esther Ferreiro da Translatio

NOVAS RELACIONADAS

Vimianzo empapouse da historia da Translatio de Cereixo.
  • O Vákner como motor inmaterial do Camiño.
  • Un paso adiante dende o Fonteboa para o proxecto DUMU, o Camiño de Dumbría e Muxía.
  • A Translatio de Cereixo, a iconografía en pedra máis antiga que se coñece.
  • Comentarios