Gerca celebra a súa 3ª Convención anual apostando pola adaptación ao cambio e o crecemento no rural

O grupo de empresas Gerca celebrou a súa terceira Convención anual, un encontro que reuniu a todo o equipo, así como a colaboradores e provedores, nun ambiente de reflexión e celebración.

Baixo o lema “Un equipo que se adapta, unha organización que avanza”, a xornada serviu para analizar os retos do último ano, presentar novos proxectos e poñer o foto na importancia de evolucionar nun mundo que avanza a gran velocidade, tamén desde o rural. Un dos momentos máis especiais foron as intervencións dalgúns membros do equipo que compartiron a súa evolución persoal e profesional dentro da empresa. As súas historias exemplifican como o crecemento individual e colectivo camiñan da man, e como, desde o rural é posible medrar e contribuír a innovación no sector do metal.

A Convención permitiu tamén facer balance dun ano marcado pola expansión de Gerca, que aumentou a súa estrutura con dúas novas empresas dentro do ámbito do metal e unha nova nave no parque empresarial de Vimianzo.
O evento rematou cun espazo distendido para reforzar os lados do equipo, nun ambiente próximo e familiar que define o día a día do grupo.

Máis novas