venres. 07.02.2025
El tiempo

Gerca amplía a súa oferta de servizos coa incorporación da actividade da Ferralla

Naves de Gerca no poligono de Vimianzo 2
Dúas das naves de Gerca no polígono de Vimianzo
Gerca amplía a súa oferta de servizos coa incorporación da actividade da Ferralla

A comprometida empresa vimiancesa Gerca Acero e Metal, con máis de 30 anos de experiencia na fabricación de mobles metálicos, anuncia a incorporación da actividade Ferralla á súa carteira de servizos. Este movemento estratéxico pretende "ofrecer unha solución integral para o sector da construción, xestionando toda a parte metálica dun proxecto, desde a estrutura ata os detalles metálicos da decoración".

"Con este novo servizo buscamos simplificar os procesos para as construtoras ofrecéndolles unha solución completa para a xestión do metal en proxectos, desde o ferro estrutural ata a instalación de pasamáns", afirmou Mélani Lois, responsable de Comunicación.

Este paso súmase ao avance realizado por Gerca Acero e Metal no último ano, que inclúe a creación dunha liña de servizos de mecanizado e un importante investimento na ampliación das súas instalacións. Estas iniciativas reflicten o compromiso da compañía por evolucionar constantemente e seguir crecendo nas súas raíces, na Costa da Morte.

Máis novas de GERCA

Comentarios