venres. 24.01.2025
El tiempo

Gerca continúa medrando, en Vimianzo, coa adquisición de 4 novas parcelas no polígono

Beatriz Sestayo con German Lema de gerca
Beatriz Sestayo, xerente de SEA, e Germán Lema, fundador e xerente da empresa Gerca
Gerca continúa medrando, en Vimianzo, coa adquisición de 4 novas parcelas no polígono

Xa anunciabamos a semana pasada a apertura de Gerca Mecanizado , a nova empresa que está a lanzar a empresa vimiancesa. Para seguir medrando, e sen marchar da Costa da Morte, a empresa vén de asinar con Suelo Empresarial do Atlántico a compra de catro parcelas que suman un total de 4.770 metros cadrados.

A empresa soneirá, pioneira na creación de mobles e carpintaría metálica e que conta xa con máis de 150 traballadores, suma estas 4 parcelas ás 6 que xa dispuña e nas que ten construídas tres grandes naves. Nas novas parcelas construirase unha nave para o almacenamento de maquinaria, que dará apoio especialmente -pero non exclusivamente- a Gerca Servizos de Mecanizado.

Beatriz Sestayo encomiou a traxectoria desta firma "por ser unha empresa en constante evolución, que se preocupa extraordinariamente por seguir crecendo, apostando pola innovación, e unha gran xeradora de emprego. Ademais –engade o responsable de SEA- participa en proxectos. tan interesante como a que se está a desenvolver coa Universidade da Coruña no campus de Ferrol”.

Convenio coa Universidade da Coruña

Ademais do convenio formativo que ten co IES Fernando Blanco de Cee, a empresa segue innovando e asinou un convenio coa Universidade da Coruña, concretamente co campus de Ferrol, a través do que se os estudantes da Escola Universitaria de Deseño Industrial están a desenvolver prototipos de mobiliario urbano. “É unha forma de aprendizaxe porque comprobarán se o que se proxecta en papel se pode materializar e como”, sinalan dende Gerca.

Máis novas

Comentarios