Germán de Gerca: “Se quedas parado, vas á ruína. Tes que ir adecuando aos tempos”

Temos falado longo e tendido sobre Gerca, o seu proxecto empresarial e a súa vinculación coa Costa da Morte. Pero queríamos volver facelo despois de ver o exemplo que deron durante o confinamento, adaptándose ás circunstancias. Mentres a produción de moitas cousas se tiña que paralizar, eles comezaron a crear dispensadores de hidroxel, uns dispositivos que hoxe forman parte da nosa vida. Uns dispositivos que serviron para demostrar a súa vinculación co territorio, pois levan impresa a súa terra, a súa Terra Atlántica - Costa da Morte.
Falamos con Germán Lema:
- QPC: Como se vos ocorreu facer eses soportes de xel?
Do mobiliario que estabamos facendo para restaurantes, tendas… caeron todos os pedidos porque a hostalería, aínda hoxe, está derrumbada. Así que había que buscar alternativas. E cando esás apurado, cando necesitas sacar un novo, teste que poñer as pilas como sexa. Todo saíu a raíz de facer algún para algunha casa, e pensamos en sacar unha liña propia, e sacámola nun tempo pequeno, tiña que ser naquel momento, e como xa había tempo que falabamos da marca Terra Atlántica, pensamos “vamos a probar”, dámoslle potencial a esta zona.
- QPC: Falando en clave económica. Como acabades este estrano ano?
Pois o segundo semestre do ano, saímos ben, con menos facturación que o ano pasado, pero salvamos. Ou te pos as pilas, se quedas parado, vas á ruína. Tes que ir adecuando aos tempos.
- QPC: Como afectou todo laboralmente aos vosos empregados?
O mes de abril estivemos en ERTE, e a finais de abril, gracias a estes produtos conseguimos poñernos a traballar, promocionar… e fumos aguantando. Logo xa comezamos a facer máis cousiñas, case todo referente ao covid. E acabamos subindo a plantilla, non tantos como o ano pasado, pero máis dos que estabamos en abril.
- QPC: Cal foi a clave?
Pois dicir que si a un pedido de soportes de xel, de 11.000 para unha casa que traballa para Inditex. Se non collemos o pedido, seguiríamos nun problema, esperando sen saber moi ben a que. Ao coller o pedido, lanzámonos, o pedido chegaba para cubrir unha semana de traballo, pero a partir de aí, cando serves a tempo, vanche encargando máis pedidos. Bueno, máis ben vas buscándoos, dicíndolle ás empresas que estás aquí preparado para traballar. E ao final, con mobiliario para COVID estivemos ocupados máis de 2 meses.
Nós somos unha empresa que necesitamos moita xente para sacar os pedidos, que son grandes. Por iso era arriscado sacar todos do ERTE e poñelos a traballar e despois que non salga nada máis. Pero a decisión foi acertada. Tes que facelo pensando no positivo.
- QPC: Que novos proxectos propios tendes en marcha?
Temos novos proxectos de cara ao próximo ano. Estamos preparando unha Liña de marquesinas para autobuses. Xa temos o prototipo, en breve sairá. Vai ser un kit despezado de fácil montar, pensadas para que as brigadas dos Concellos a poidan montar. Un modelo bastante bonito.
Ademais queremos darlle impulso á nosa marca küpu, a nosa marca de mobiliario exclusivo, que a día de hoxe está algo parada. Küpu significa bolboreta en malayo, que pouca xente o sabe, pero xa a temos rexistrada dende hai 10 anos e queremos darlle para adiante, reformulando o proxecto de cara ao 2021.
Novas relacionadas
- Abril 2020 Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica" .
- Febreiro 2020: Germán Lema, de Gerca: "Tes aos teu fillos aquí, que van ao colexio aquí, tamén tes aos teus amigos... Entón, cambiar non é unha opción”.
- 2019: O presidente da Deputación comprobou a potencia empresarial vimiancesa .
Novas de Terra Atlántica
- Juan José López Muñoz: “O espírito de reinventarse de CAVISA, non o faría unha empresa de fóra”.
- Terra Atlántica propón 3 programas para fomentar a gastronomía, o turismo e o consumo interno.
- Xullo 2020: A marca #TerrAtlántica achégase á artesanía.
- Abril 2020: Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica" .
- Outubro 19: A marca territorio “Costa da Morte - Terra Atlántica” continúa medrando dende o Faro Vilán.
- Setembro 19: A marca territorio Terra Atlántica xa suma a súa primeira vintena de entidades adheridas.