Martes. 23.04.2024
El tiempo

Hosteleiros e comerciantes de Vimianzo piden máis vixianza ante a vaga de roubos

Hosteleiros e comerciantes de Vimianzo piden máis vixianza ante a vaga de roubos
concentracion roubos vimianzo Esta mañá veciños, hostaleiros e comerciantes concentraronse diante da praza do Concello de Vimianzo Preto dunhas cen persoas - entre as que se atopaban empresarios e hostaleiros - concentráronse esta mañá na praza do concello de Vimianzo para protestar pola vaga de robos que veñen sofrendo durante as últimas semanas. Manuel Antelo - alcalde de Vimianzo - dirixiuse ás persoas concentradas para manifestar o apoio total da corporación de vimiancesa ao sector e, ao mesmo tempo, queixarse da falta de medios das forzas e corpos da seguridade do Estado na comarca, feito que se traduce nunha sensación de que "os delicuentes poden actuar con total impunidade", manifestou. vimianzo-vaga-roubos O alcalde de Vimianzo sumouse á concentración contra a vaga de roubos Durante a concentración, Antelo explicou que esta semana ven de solicitar unha xuntanza urxente da Xunta Local de Seguridade par porlle de manifesto aos responsables da escaseza de medios e membros das forzas de seguridade do Estado na comarca, para esixirlle actuacións inmediatas contra os delincuentes e para propor que se lles facilite aos hostaleiros e demáis empresarios formación e asesoramento, por unha banda acerca das medidas coas que poden dotar os seus locais para previr estes roubos, e por outra acerca de como deben actuar se se atopan nunha situación delicada ao sufriren ou seren testigos dun roubo. Novas relacionadas Fonte

Comentarios