Sábado. 20.04.2024
El tiempo

III Duatlón de Reis por Vimianzo

III Duatlón de Reis por Vimianzo

Seguen as duas rodas de moda na Costa da Morte. Ademais dos éxitos das probas de bici de montaña, a Costa agarda esa etapa da Vuelta Ciclista a España. Entrementres as probas seguen sucedéndose.
Este vindeiro domingo 8 de xaneiro a atención deportiva centrarase no Concello de Vimianzo. Alí disputarase o III Duatlón de Reis, no que un cento de atletas correrán e pedalearán polo circuito de 9 quilómetros que parte e finaliza en Castromil, na Praza Carmen Neira Marcos.

A saída será ás 11:00h e o circuito pasará por Torelo, Reparda, Tines e Rebordelo antes de voltar a Castromil. Haberá trofeos para os 3 primeiros clasificados.

Máis información e inscricións

  • Enviando un correo a [email protected], na Oficina de Deportes da Casa da Cultura ou chamando ao 981 71 72 88. Hai límite de prazas (100).

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios