sábado. 17.05.2025
El tiempo

Inaugurada a nova aula de Natureza do Val de Baíñas

Inaugurada a nova aula de Natureza do Val de Baíñas
Aula Natureza Val de Bainas

Máis dun cento de persoas achegáronse este pasado sábado á inauguración da nova Aula de Natureza da Presa do Val, en Baíñas. Unha infraestrutura que serve para poñer en valor e recuperar os usos cidadás dunha fermosa zona natural.
O inmoble conta cunha sala de usos múltiples e unha terraza exterior cuberta, que permitirá a realización de actividades en contacto coa natureza incluso en condicións climáticas adversas.

A obra completenta a zona de ocio e o merendeiro a carón do río, acollerá actividades divulgativas e obradoiros vencellados ao medio ambiente, o coidado da natureza e o coñecemento da flora e a fauna da contorna. Así mesmo, o espazo quedará a disposición para reunións e outras propostas dos veciños.

Unha das características máis singulares da Aula é que está construída integramente con materiais ecolóxicos e técnicas respectuosas co medio ambiente. Así, as fachadas están compostas de pedra, madeira, bloques de termoarxila e illamentos de membrana multicapa, mentres que as cubertas están realizadas en láminas de zinc. Asemade, minimizouse a cimentación e o impacto da construción sobre o terreo, evitando os movementos de terras e calquera perturbación das características naturais da zona.

A aula foi financiada con 108.900 euros do Plan de Obras e Servizos (POS) 2016 da Deputación.

Novas relacionadas

Comentarios